2º Reto Deportivo Axenda Deportiva

Camiño de Santiago - Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla - 35Km a nado + 25km correndo

Sábado 6 de Agosto de 2016 ás 07:30

Seguimento Online

Presentación

Translatio é o segundo reto deportivo organizado por Axenda Deportiva, no que pretende que unha persoa faga o Camiño de Santiago denominado “Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla”, facendo 35 quilómetros a nado e 25 quilómetros correndo.

O obxetivo, a parte de rematalo, é de facelo en menos de 16 horas.

Colaboran

O Peregrino

Carlos Barcala é un triatleta e nadador nado en Boiro, atleta amateur no que o seu principal obxetivo é de buscar grandes distancias e obxetivos cada vez mais difíciles.

Participa en carreiras populares e travesías a nado, regatea en dorna e practica kitesurf nas praias do Barbanza. Inicia os seus entrenos como deportista de fondo con 30 anos de idade e os dous anos seguintes xa participa en travesías a nado de longa distancia de 7.500 e 10.000 metros.

No ano 2014 completa duas probas: o triatlon de longa distancia NorthWestTriman (3800m a nado, 180km bicicleta e 42 correndo) e a travesía a nado Batalla de Rande de 27 quilómetros.

O ano seguinte , co fin de mellorar e poder afrontar distancias máis grandes únese o club de natacion da USC e o de tríatlon Artrogal Tri498.
Atravesa a nado a Ría de Arousa no reto persoal denominado “Ría de Arousa” o cal tiña que nadar 35 quilómetros saindo da Illa de Sálvora para rematar na ponte de Catoira, no que a falta de 3 quilómetros tivo que abandonar por problemas musculares. Ainda non completar o reto, foi o primeiro nadador que atravesou toda a Ría de Arousa.

En 2016 volve a NorthWestTriman completándoo en 10 horas e 46 minutos rematando de 58 posición, mellorando a sua marca unha hora e media respeto o ano pasado, cumprindo o obxetivo de puntuar para quedar como 3º clasificado por equipos co club Artrogal Tri498.

Nos medios de prensa:

Solidaridad y deporte extremo: la travesía a nado más larga de Galicia
El Artrogal Tri 498 terminó en tercera posición en el Northwest de As Pontes
El triatleta boirense Carlos Barcala quiere ir de Sálvora a Rianxo nadando en 10 horas
Entrevista
Un reto de 27 kilómetros por la ría de Vigo

Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

A Ruta marítimo-fluvial do Mar de Arousa e Río Ulla conmemora cada ano este feito.
E faino seguindo os últimos tramos daquela última viaxe apostólica. Os portos de Ribeira e do Grove marcan a entrada á ría de Arousa. Por diante, corenta millas náuticas ata a antiga Iria Flavia e logo uns 25 quilómetros a pé ata Santiago de Compostela.

Podes encontrar máis información en:

O equipo de apoio